viernes, 1 de diciembre de 2017

A entrevista

Aquí vos presento unha serie de personaxes históricos famosos. Foron tan amables que aceptaron concedernos unha entrevista.
Practica con eles elixindo as preguntas axeitadas ás respostas que nos deron.
Seguro que estarás listo para facer entrevistas e elaborar preguntas interesantes!!! 






miércoles, 8 de noviembre de 2017

O substantivo

Con esta actividade comproborás se es capaz de recoñecer os substantivos e sabes clasificalos.



martes, 10 de octubre de 2017

O sistema solar

Entra na actividade, nela tes información para que coñezas o Universo,  o Sistema Solar e o noso planeta, a  Terra. Fai clic nos títulos que che interesen.

Resultado de imagen de o sistema solar actividades interactivas



lunes, 9 de octubre de 2017

A célula

Clicando en cada imaxe atoparás actividades para  practicar, observar e repasar este tema. Tamén poderás comprobar o que sabes.

Resultado de imagen de partes de célula actividades interactivas





Resultado de imagen de celulas, tecidos, órganos e aparatos actividades interactivas



lunes, 18 de septiembre de 2017

viernes, 15 de septiembre de 2017

Facemos marcapáxinas

Achegamos dúas propostas para facer uns marcapáxinas sinxelos e divertidos. O mellor é que se poden personalizar de moitas maneiras.
Creando a forma básica de papel ou cartolina logo podedes transformalos en monstros, animais, personaxes...

Para o primeiro modelo  prega o papel segundo se indica no vídeo.
E para o segundo segue as instrucións do titorial.




Agora pon en marcha a túa imaxinación!!!


lunes, 11 de septiembre de 2017

FELIZ VOLTA A CLASE !!!

Comezamos con ilusión un novo curso e queremos dar a benvida a todos os rapaces e rapazas que no día de hoxe comezades quinto de E. primaria.



jueves, 22 de junio de 2017

ACTIVIDADES VACACIÓNS

Aquí vos deixo, para que escollades, diferentes cadernos de repaso de verán. Podedes imprimilos enteiros ou só aquelas páxinas que máis vos interesen.

Premendo nas seguintes imaxes accederedes a   actividades e xogos clasificados segundo o nivel educativo para seguir aprendendo durante as vacacións.


    Resultado de imagen de vacaciones 2016 6º primaria


      


      


FELIZ   VERÁN !!!


martes, 13 de junio de 2017

viernes, 26 de mayo de 2017

A ENERXÍA

Ao longo deste tema intentaremos aclarar conceptos como sostibilidade, consumo, residuos, cambio climático... e a súa relación coa enerxía e o uso que facemos dela.
A enerxía é un ben moi valioso. Consumíndoa sen control, esgotamos o noso planeta. A solución é aforrar!!!





jueves, 27 de abril de 2017

Experimentando coa materia

Aquí atoparás unha serie de enlaces para facer experiencias virtuais e sen perigo sobre a materia. Que te divirtas!!


martes, 4 de abril de 2017

Os complementos do verbo

Es quen de recoñecer o atributo? E o complemento directo, o complemento indirecto e o complemento circunstancial?
Proba coas seguintes actividades.

viernes, 31 de marzo de 2017

A proporcionalidade e a porcentaxe

Para reforzar o que traballamos na clase aquí tedes actividades sobre magnitudes directamente proporcionais e o cálculo do tanto por cento dunha cantidade.

http://www.eltanquematematico.es/proporcionalidad/proporc_p.html

Agora aprende tamén como calcular a porcentaxe utilizando a calculadora.

http://agrega2.red.es//repositorio/01022010/ae/es_2009063043_7230020/ma002_oa03_gl/index.html


jueves, 16 de febrero de 2017

A análise sintáctica

Para completar os nosos apuntes aquí vos deixo unha guía moi interesante que nos explica paso a paso como analizar sintácticamente oracións simples.


miércoles, 8 de febrero de 2017

Os seres vivos

Fai clic no título Actividades para repasar e logo en Avaliación para comprobar o que sabes.

martes, 31 de enero de 2017

Tipos de palabras

Seguimos repasando palabras para axudarnos na análise morfolóxica.

lunes, 30 de enero de 2017

EUROPA: países e capitais

Primeiro un mapa para localizar os países e as capitais:
A continuación, actividades interactivas para practicar:

lunes, 9 de enero de 2017

Os versos e a rima

Xa levamos un tempo medindo versos e tratando de atopar a súa rima. En pouco tempo aprendimos moito!!
Agora realiza estas actividades e poderás comprobar se xa non te equivocas.